HomeTerra de LemossanidadeO valor de rutinas positivas para mellorar o benestar mental

O valor de rutinas positivas para mellorar o benestar mental

A Asociación Albores Saúde Mental comeza este mércores 20 de marzo o ciclo de charlas “A túa mente importa: Escola de saúde”. A iniciativa conta coa colaboración da Axencia Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS e propón unha serie de accións divulgativas que buscan tomar conciencia da importancia de ter hábitos positivos no día a día.

Publicado o

- Advertisement -

Baixo o título: “A túa mente importa: Escola de saúde”, a Asociación Albores Saúde Mental está a programar unha serie de charlas divulgativas e formativas que teñen como obxectivo mellorar, con rutinas positivas, a saúde mental de todas aquelas persoas que queiran mellorar o seu benestar mental, mediante cambios pequenos na súa vida cotiá.

Segundo informan dende a entidade, “xurden da observación da necesidade de tomar conciencia da importancia de como os pequenos hábitos do día a día inflúen no benestar das pesoas. Moi a miudo non nos decatamos da medida en que as actividades que realizamos por rutina, nos afectan, e os malos hábitos contribúen a sobrecargarnos, estresarnos e desestabilizarnos”.  

CHARLAS PROGRAMADAS

1-Coidar a nosa saúde é coidar a saúde mental (pendente de data).

2-Uso axeitado dos medicamentos (20/03/2024).

3-Seguridade no fogar (26/04/2024).

4-Diabetes e alimentación (27/05/2024, data pendente de confirmar).

5-Taller de musicoterapia (sen data polo momento).

6- Benestar psicolóxico e emocional na incorporación ao mercado laboral (pendente de fixar data).

7-Exercicio físico e lecer (sen data polo momento).

Todas as charlas serán no Salón de Actos do Hospital Comarcal de Monforte ás 16:00 h.

Dende Albores sinalan tamén que segundo vaian tendo as datas pendentes do calendario irán trasladando a información. Para asistir, quen estea interesado/a pode inscribirse nalgunha ou en todas as charlas no 982 404.968.

AGRADECEMENTOS Á CIDADANÍA POR MARCAR ‘FINS SOCIAIS’ NA DECLARACIÓN

Dende Albores trasladan tamén nun comunicado de prensa que queren agradecer o xesto da cidadanía que marcou a casiña de “fins sociais” na declaración do IRPF. Grazas a ela, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de  Política Social, subvencionará parte dos seus programas durante este 2024, concretamente os seguintes:

Programa “Contigo”: de promoción da autonomía e prevención de dependencia en persoas con enfermidade mental, a través da axuda a domicilio e asistencia na contorna.

Programa “Apoio”: apoio no exercicio da capacidade xurídica, naqueles casos decretados xudicialmente. Ademais desta prestación, o programa tamén inclúe información, orientación e asesoramento a potenciais persoas usuarias, familias e persoas interesadas, sobre os procedementos de provisión de apoios que sustitúen ás antigas tutelas e curatelas.

Programa “Facendo Familia”: de orientación, mediación e intervención familiar, para mellorar o funcionamento da unidade de convivencia, previr procesos de desintegración familiar e a soedade non desexada das persoas con problemas de saúde mental.

Programa “O teu tempo”: de respiro, apoio e descanso ás persoas coidadoras de persoas con problemas de saúde mental, coa fin de mellorar o seu benestar.

Usuari@s de Albores no ‘Programa o teu tempo’. Foto: Albores.

Os programas están desenvolvidos por distintas profesionais entre as/os que se atopan Psicólogas, Traballadora Social, Terapeuta Ocupacional, Educadora Social, Asesora Xurídica e Auxiliares de Enfermería e levaranse a cabo desde os locais que Albores Saúde Mental ten en Monforte e en Chantada.

ÚLTIMAS

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...