HomeDeportes2M€ para mellorar a Piscina Municipal de Monforte

2M€ para mellorar a Piscina Municipal de Monforte

A nova piscina terá unha imaxe semellante ao novo Pavillón polideportivo da Pinguela, manterase así a harmonía do entorno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, explicou na presentación do proxecto, que unha das zonas da cidade que tivo unha transformación moi positiva é a zona da Pinguela, coa mellora das súas rúas, o novo parque Covas-Pinguela, o novo pavillón de deportes, a mellora de todo o espazo destinado para estacionamento ou as melloras do Campo de Fútbol. Tamén anunciou a intención de arranxar as pistas de tenis e dotar de iluminación os estacionamentos.

As obras van supoñer un cambio absoluto das instalacións: a entrada, a cafetería, o ximnasio, os vestiarios ou os propios accesos interiores á piscina. Todo elo cunha nova imaxe externa e interna, facendo das novas instalacións unha dotación realmente bonita.

Estas instalacións con 1.883 usuarios habituais (1396 abonados e 487 participantes en cursos de natación). Logo da reforma, salientou José Tomé, “os monfortinos e monfortinas contarán cunha piscina moderna, segura, eficiente, sostible e en estado óptimo de utilización”.

Cun orzamento de 2.047.009,42 €. as partidas que supoñen unha maior inversión son as destinadas á climatización (358.567,44€), revestimentos exteriores (163.224,53€), electricidade, iluminación e telecomunicacións (113.335,75€) e albanelaría (107.017,38€).

O Consello Superior de Deportes concedeu neste mes unha subvención de 644.882,94€, o que representa o 31,5% do investimento. A Deputación Provincial de Lugo, a través dun convenio co Concello portará 600.000€ en 2 anualidades, 300.000€ en 2024 e outros 300.000€ en 2025, o que supón o 29,3%. O Concello, pola súa parte, vai aportar 802.126,48€, o que representa o 39,2%.

A licitación anunciarase ó longo da primavera e a previsión é que as obras comecen a finais de setembro ou principios de outubro, e teñen que estar rematadas en setembro de 2025 “porque é o prazo que temos para xustificar as 2 subvencións, a do Consello de Superior de Deportes e a da Deputación Provincial de Lugo”.

O edificio da piscina municipal data de principios dos anos 90. As actuacións interiores irán destinadas a devolver a funcionalidade ás instalacións e a amplialas, para dar servizo á crecente demanda por parte dos usuarios, renovando accesos, vestiarios, ximnasio,…

Exteriormente, o edificio será revestido cunha “nova pel”, cun zócalo pétreo que alcanzará a altura das ventás. Esta nova fachada caracterizarase polas súas formas redondeadas, que actualizarán a imaxe do edificio en consonancia coa estética do Pavillón polideportivo que o Concello reformou en 2023. E esta nova fachada contribuirá de xeito decisivo a mellorar as condicións de aillamento térmico do edificio. A superficie total de actuación é de 2.006,12 m2, e cunha superficie útil resultante de 1.792,46 m2. As actuacións suporán tamén melloras na eficiencia enerxética, na xestións da auga e na accesibilidade.

Piscina Municipal proxecto / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...