HomeTerra de LemosMonforteOs servizos de emerxencias interveñen nun incendio nun bar en Monforte

Os servizos de emerxencias interveñen nun incendio nun bar en Monforte

Un particular contactou sobre as 09,25 horas coa central de emerxencias.

Publicado o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias interveñen nun incendio nun establecemento de hostalaría situado á altura do número 131 da rúa Abeledo, na localidade lucense de Monforte de Lemos.

Segundo informou o 112 Galicia, un particular contactou sobre as 09,25 horas coa central de emerxencias porque vía saír fume do local. Ademais, nesta mesma comunicación sinalaba que non había ninguén no interior, que os cristais estaban quentes e que a alarma empezara a soar.

Con esta información, os operadores do 112 deron aviso á Policía Nacional, á Policía Local e aos Bombeiros de Monforte, que traballan no punto.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...