HomeComarca de QuirogaQuirogaXV certame celtibérico de bandas de gaitas de Quiroga

XV certame celtibérico de bandas de gaitas de Quiroga

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, terá lugar o día 30 de marzo no marco da Feira do Viño de Quiroga e participarán 14 bandas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hai uns días a presentación do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o 30 de marzo no marco da Feira do Viño. Este ano estarán presentes catorce bandas, 13 galegas e unha de León.

No acto interviñeron a secretaria territorial da Administración autonómica, Marta Barreiro; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.

O desfile de bandas sairá ás 11:30 horas da Casa da Cultura, percorrerá a rúa Real e chegará á praza de España, onde comezará o campionato ás 12:00 horas. Participarán catro agrupacións da provincia de Lugo: San Martiño de Quiroga, Toxo Queimado de Baleira, a banda de Chantada e a do Concello de Monforte. Tamén haberá seis ourensás: Nova Fronteira, Real Xuvenil, Ladies Band e as dos concellos de Riós, O Bolo e Esgos. Completan o programa as ferrolás Agarimo de Catabois e San Pantaleón das Viñas; Insua de Caldelas do municipio pontevedrés de Tui e a banda do Bierzo (León). 

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...