HomePolíticaA Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

A Deputación de Lugo urxiu este martes no Pleno á Xunta de Galicia a acometer o desdobramento da totalidade do trazado do corredor Nadela-Monforte para que a provincia de Lugo teña en servizo o antes posible a AG-22. Acordouse por unanimidade a proposta do PSdeG e cos votos a favor do BNG e do PP. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar esta importante arteria de comunicación por estrada porque “estamos falando de conectar o centro da provincia co sur da provincia, unha comarca moi poboada e que turisticamente é moi atractiva, o que fai que sexan precisas unhas boas comunicacións que agora non temos”.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, defendeu a proposta pedindo a redacción dun proxecto global para executar o desdobramento dos quilómetros que faltan para completar o corredor, un total de 54. “Ata o de agora o único que vimos foi unha política da Xunta de executar a pedaciños, e iso non serve, porque temos que facer unha análise máis global da situación. Estamos falando dunha estrada que soporta un alto volume de tráfico, tanto de transporte de mercadorías como de turismo”. Lembrou que se trata dunha demanda social, referendada por varios acordos tamén unánimes no Parlamento de Galicia, pero “que vén atopando atrancos e atrasos cos que a Xunta de Galicia está desenvolvendo este proxecto”.

Nas súas palabras lembrou que a primeira licitación, a do treito A Pobra de San Xiao-Sarria, non se realizou ata o ano 2017, quedando inaugurado cinco anos despois. Explicou que foi no 2022 cando se licitou o seguinte tramo, Nadela-A Pobra de San Xiao, “16 quilómetros que a Xunta non ten previsto inaugurar ata 2026”.

Rivera Capón foi claro ao reivindicar un proxecto que camiñe cara vertebrar a provincia de Lugo. “Cremos que é a solución máis axeitada para reducir o número de accidentes que se producen, pois a vía ten carencias de seguridade que se poderían solucionar co desdobramento da estrada”, afirmou, ao tempo que destacou que “non é a primeira vez que debatemos sobre esta cuestión, pero é moi necesario en termos de seguridade e vertebración viaria da nosa provincia”.

ÚLTIMAS

Laboratorio de Experiencias, nova proposta do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que se celebra ata finais de xuño

O Laboratorio de Experiencias propón un modelo turístico máis experiencial, sostible e conectado cos...

O PP de Monforte demanda un plan de impulso para a música e danza tradicional galegas

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para esixir ao...

8.563€ para a reposición da varanda da Pinguela danada pola caída dunha árbore no temporal

A caída da árbore dobrou completamente as dúas varandas laterais no primeiro tramo da...

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...