HomeEconomíaAxudas para a reestruturación e reconversión das viñas

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

A convocatoria desta liña de axudas publicouse no DOGA do 26 de marzo e conta con 4 millóns de euros. Con elas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural na que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia convocadas para este ano 2024.

Conta cunha partida de 4 millóns de euros e con elas preténdese aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Preténdese así diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Foméntase a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as variedades autóctonas galegas –de menores rendementos e elevada calidade diferenciada–, aproveitando a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

BENEFICIARIOS, ACCIÓNS SUBVENCIONABLES E PRAZOS PARA SOLICITALAS

Son beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de replantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e prolóngase ata o 26 de abril. Os viticultores inscritos no rexistro da D.O. Ribeira Sacra poderán tramitar as axudas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, sita en rúa Comercio 6-8, 1º piso de Monforte de Lemos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 982 41 09 68.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...