HomesociedadeActuacións de calidade e moi ben recibidas no Círculo do Saviñao

Actuacións de calidade e moi ben recibidas no Círculo do Saviñao

O Círculo Saviñao vén de ofrecer a socios e veciños dúas actuacións de gran nivel esta Semana Santa. Sunshine in Ohio actuou o 23 de marzo e Sergio Alba e David Taboada o día 29.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo do Saviñao volveu poñer moi alto o nivel de actuacións en directo esta Semana Santa. O sábado 23 estivo no local social o grupo de Grenoble (Francia) Sunshine in Ohio quen fixo unha parada en Escairón na súa xira por España.

A formación francesa interpretou con moita simpatía e calidade temas da música internacional e dos seus discos “The Saloon” e “The Polyphonic Blues Orchestra”. A actuación gustou tanto que, segundo explica Enrique Sampil –presidente da entidade organizadora–, os socios e socias presentes “pediron que non sexa a derradeira vez que Miss Ohio e a Jonny nos visiten”.

Sunshine in Ohio, no Círculo Saviñao. Foto: Círculo Saviñao.

Unha semana máis tarde, este pasado xoves 28 de marzo, outra actuación de música en directo fixo gozar ao numeroso público presente no local social do Círculo Saviñao. No escenario estiveron Sergio Alba e David Taboada presentando ‘Colección Romántica’, un proxecto musical no que se embarcaron estes dous músicos, coñecidos da casa por ter actuado con outras propostas musicais en varias ocasións.

Falamos de dous músicos que contan cunha dilatada traxectoria na interpretación e na docencia musical. Sergio –veciño de Antas de Ulla– e David Taboada –con raíces en Orxaínza, no Saviñao– presentaron en Escairón unha escolma coidada de grandes clásicos da música romántica, nacionais e internacionais. Cun formato intimista de voz (Sergio) e piano (David) conseguiron conectar co público que os premiou con moitos aplausos.

ÚLTIMAS

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...