HomePolíticaA Deputación aproba reclamar á Xunta e ao Estado o financiamento íntegro...

A Deputación aproba reclamar á Xunta e ao Estado o financiamento íntegro do SAF ás persoas dependentes

O BNG impulsou un acordo do pleno provincial para reclamar á Xunta de Galicia e ao Estado o financiamento íntegro do Servizo de Axuda no Fogar, que garanta a cobertura e a mellora deste servizo fundamental para as persoas dependentes e para as súas familias sen afogar as economías municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta asigna aos concellos unha cantidade de horas anuais para o SAF ás persoas dependentes e transfire 12 euros por cada unha delas cando a prestación do servizo supón, para a maioría dos concellos, custos por riba dos 19 euros. Os nacionalistas explican que ademais, as entidades municipais teñen que facer fronte con fondos propios ao SAF de libre concorrencia, cos que atenden ás persoas que están agardando polo recoñecemento da dependencia.

A deputada Iria Castro sinalou que esta situación “ten secuestrada a economía dos concellos”, que están investindo fondos en competencias que non son propias, e urxiu á Xunta de Galiza “a revisar do financiamento para garantir a cobertura e a mellora deste servizo, que permite que as persoas dependentes poidan estar nas sùas casas coa atención que requiren”.

Nesa liña, lembrou que a última actualización do RD que regula as prestación do servizo de autonomia persoal e atención a dependencia incrementa as horas de atencion ás que teñen as persoas dependentes – ata os 37 horas para dependencia de grado I, de 38 a 64 horas para dependentes de grado II, de 65 a 94 horas para dependentes de grado II- o que supora un incremento de custos do 43 por cento.

“Se a Xunta e o Estado non financian o SAF na súa totalidade este servizo será inviable para os concellos galegos, e os que o van sufrir son as veic e os veciños que necesitan esta atención”, advertiu a deputada nacionalista, que recriminou aos deputados e deputado do Partido Popular -que se abstiveron na votación- “que pensen mais no partido que na veciñanza”, concluíu

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...