HomePolítica"Por un capricho de Tomé, Monforte pode deixar de ser sede do...

“Por un capricho de Tomé, Monforte pode deixar de ser sede do CRAEGA, que xera unha vintena de empregos”, asegura o PP Provincial

A voceira do PP local, Katy Varela, lamenta que o alcalde “prime o seu orgullo persoal ao interese xeral da cidade, mentres o PP puxo todo da súa parte dende as distintas institucións, Tomé nin sequera tentou negociar cos responsables do Consello Regulador”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares afean a actitude “arrogante e déspota” de José Tomé en relación ás negociacións co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) para tentar evitar que traslade fóra da cidade a súa sede principal.

“Tanto no pleno do Concello coma no da Deputación de Lugo deixou clara a súa negativa a contactar cos responsables deste órgano”; polo que Katy Varela considera que “está a poñer o seu orgullo persoal por riba do beneficio para a cidade”.

Os populares levaron ao pleno de Monforte unha iniciativa para executar as actuacións necesarias para manter a sede do CRAEGA en Monforte, proposta que foi aprobada por toda a oposición e o voto en contra do equipo de goberno.

Dende o Grupo do PP na Deputación de Lugo propuxeron no pleno provincial que iniciase as negociacións para ceder ao CRAEGA as dependencias e terreos actualmente en desuso no Pazo de Tor que é de titularidade provincial. “Pero PSOE e BNG votaron en contra. E tras darse un empate na votación foi José Tomé, co seu voto de calidade como presidente, o que rexeitou esta proposta”, explican os populares. Esta iniciativa constitúe unha alternativa que o propio Consello Regulador ve con bos ollos e que, incluso, “xa propuxera o anterior goberno provincial tamén cun presidente do PSOE, pero que, coa chegada de Tomé á presidencia da Deputación, quedou en nada”, subliñan.

O portavoz do PP provincial, Antonio Ameijide, condena que, “por un capricho de José Tomé, Monforte deixe de ser a sede dun órgano cun ámbito de actuación a nivel autonómico que xera unha vintena de empregos na zona sur da provincia onde viven os seus traballadores”.

Lembran os populares o seu interese en que o CRAEGA se manteña na cidade do Cabe e a vontade de colaboración da Consellería do Medio Rural, e lamentan que “mentres tanto Tomé e o PSOE nin sequera son capaces de falar e tentar negociar”.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...