Homesociedade"Redes Lilas" amosa no parque de Sober, imposicións e prexuizos de xénero

“Redes Lilas” amosa no parque de Sober, imposicións e prexuizos de xénero

O proxecto do concello de Sober ‘Redes Lilas’, posto en marcha polo departamento de Servizos Sociais municipal e as traballadoras sociais, Ana de la Torre e Patricia González, vén de realizar a segunda actividade da súa programación feminista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto arrincou coa actividade “Deconstruíndo para respirar”, un faladoiro no que todas as mulleres que se achegaron abordaron as dificultades vitais ás que se enfronta a figura feminina polos prexuízos e deberes socialmente asociados ao xénero. Como símbolo, remataron o encontro elaborando un tendal con obxectos simbólicos das súas reivindicacións.

A educadora social, Selene Arias guiou a sesión, logo de propoñer quendas para que cada unha explicase o motivo da súa asistencia, esta pasou a ser unha conversa ao redor dunha merenda doce na que todas as voces abriron temáticas e aportaron percepcións sobre problemáticas como a obxectivización da muller no eido laboral, o reparto das tarefas domésticas ou a banalización da violación.

O peche da actividade, na que se mantivo o intercambio de vivencias, consistiu na creación dun tendal composto de obxectos representativos da desigualdade. Cada unha das asistentes trouxo o seu propio elemento e xustificación: máscara de pestanas para “sacar partido á mirada” e atopar parella, abano porque “só as mulleres e os homosexuais se abanan”, crema anticelulítica ou mandilóns. Entre estes, algunhas animáronse a escribir mensaxes ou lemas en luvas de plástico, como unha rapaza de 20 anos que puxo a tender, entre os outros obxectos, “o paternalismo dos meus compañeiros de clase”.

A maternidade e as responsabilidades asumidas pola muller na crianza foron outros asuntos analizados. Dende os grupos de WhatsApp con nais de escolares ata os coidados despois do divorcio, pasando pola lectura dun escrito propio dunha das participantes sobre o que é considerado “mala nai”, tamén incluído entre os elementos do tendal.

Os obxectos e verbas atópanse colgados no parque do Concello de Sober para darlles visibilidade. Esta é a primeira das accións programadas -todas financiadas polo Pacto Estado contra a Violencia de Xénero do Estado- que dá un froito visible para os ollos alleos aos encontros de ‘Redes Lilas’, sempre abertos a recibir máis mulleres da zona que se queiran sumar a algunha das actividades, todas elas gratuítas.

Redes lilas/ Concello de Sober

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...