HomesociedadeA Feira do Viño de Quiroga non entende de climatoloxía adversa

A Feira do Viño de Quiroga non entende de climatoloxía adversa

Quiroga celebrou esta fin de semana a 42 Feira do Viño que pregoaba o sábado pola tarde Afra Blanco. 14 adegas con viñas en Quiroga presentaban os seus viños, despois de que no 2021 se decidise abrir a cita a adegas doutros municipios que tamén cultivan no territorio quirogués. E milleiros de persoas foron as que se achegaron a compartir esta celebración a pesar de que a climatoloxía non acompañaba. .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, ademais de seguir probando os novos viños, entregábanse obsequios ás adegas participantes e celebrábase unha xornada máis institucional. Estiveron, entre outras autoridades, a portavoz nacional del BNG, Ana Pontón; o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o deputado Provincial de Participación Cidadá, Iván Castro; e co conselleiro de Medio Rural, José González.

No marco desta feira, José González puxo en valor as diferentes liñas de axudas destinadas polo seu departamento á ordenación, fomento e promoción dos viños galegos; como as achegas para a reestruturación e reconversión de viñedo que teñen de prazo ata o 26 de abril para solicitala. Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e avanzar na súa sustentabilidade.

Por outra banda, sinalou que esta liña complementa outras enfocadas a este sector, como as que financian accións de promoción en terceiros países e as destinadas a apoiar a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas.

Feira do Viño de Quiroga 2024 / Consellería do Medio Rural

O conselleiro especificou tamén que, dentro da aposta pola calidade diferenciada das producións primarias, veñen de convocarse dúas partidas específicas dotadas con 600.000 euros para apoiar o labor de control da calidade desenvolvido polos consellos reguladores e para fomentar que os produtores se integren en réximes de calidade.

O titular do Medio Rural en funcións puxo tamén de relevo a calidade dos viños galegos, concretamente os da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, protagonistas desta feira. Salientou a súa situación “nun enclave excepcional”, caracterizada por un microclima moi particular que os define “dentro e fóra das nosas fronteiras”.

Durante este domingo, o deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, salientou a calidade e a riqueza vitivinícola da comarca e o compromiso da institución provincial co evento, ao que destina preto de 35.000€ a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024.

Feira do Viño de Quiroga 2024 / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...