HomeEconomíaUn ano do Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte

Un ano do Centro de Competencias Dixitais de Renfe en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a boa marcha do Centro de Competencias Dixitais de Renfe, o primeiro en Galicia destas características, que vén de cumprir un ano de funcionamento, con 11 empregos directos e 25 indirectos no municipio, sendo o 90% traballadores locais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro de Competencias Dixitais de Monforte de Lemos é un centro especializado en operacións de Ciberseguridade ferroviaria xestionado por LogiRail, filial de Renfe. José Tomé destaca que o obxectivo final que se marcou este centro é que se alcancen os 100 postos de traballo de profesionais altamente cualificados, segundo se vaia implantando no mercado o novo servizo.

O CCD  está ubicado na Rúa Muiños de Antero, nun local de case 600 m2, no que se desenrolarán operacións de seguridade, formación e reunión e está previsto que no futuro poida ser a base para a posta en marcha dun Clúster Empresarial de Ciberseguridade aplicado ao sector ferroviario europeo. Aos 11 empregos directos actuais, de perfís tecnolóxicos cualificados, prevese chegar no 2025 a 35 traballadores.

A compañía investiu 1 millón de euros en poñer en marcha este centro, que se une aos xa creados noutras localidades. E é que Renfe, a través da súa filial LogiRail, conta con outros Centros de Competencias Dixitais en activo repartidos por varias localidades con ampla historia ferroviaria: Linares, Teruel, Alcázar de San Juan, Miranda de Ebro e Mérida.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...