HomesociedadeIV Encontro Interescolar de Improvisación oral na Pobra do Brollón

IV Encontro Interescolar de Improvisación oral na Pobra do Brollón

Será este xoves 4 de abril e no encontro xuntarase alumnado de seis centros educativos de diferentes localidades galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón acolle unha interesante xornada este xoves que reunirá a rapaces e rapazas de toda Galicia para demostrar o ben que se lle dá a improvisación oral.

A partir das 18:30 h. a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ será o punto de encontro e o escenario dunha mostra aberta ao público de brindo e regueifa na que participan o CEIP da Pobra do Brollón, o IES Río Cabe (Monforte), o IES Basanta Silva (Vilalba), o IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), o CPI Alfonso VII (Caldas de Reis) e o CPI Poeta Uxío Novoneyra (O Courel).

Ademais da mostra, ao longo da xornada realizarase unha visita ao colexio da Pobra do Brollón e unha ruta polo Camiño de Inverno para os participantes.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...