HomesociedadeA Deputación aproba investimentos para mellorar estradas provinciais de Paradela, O Saviñao...

A Deputación aproba investimentos para mellorar estradas provinciais de Paradela, O Saviñao e Sarria

Licitada por preto de 410.000€ a prestación do servizo de teleasistencia domiciliaria as 24 horas que financia a institución provincial para atender a 2.000 veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia con dificultades na súa autonomía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo investimento que supera os 800.000€ para acometer obras de mellora en cinco estradas provinciais ao seu paso por oito concellos: Guntín, Friol, Palas de Rei, Cospeito, Paradela, O Saviñao, Antas de Ulla e Sarria.

Na LU-P-4201, que dá servizo aos concellos de Paradela e O Saviñao, mellorarase o treito que vai do quilómetro 8 ao 11,850 cun orzamento de 145.000€. Os traballos consistirán no acondicionamento do firme, a reapertura de cunetas, e a repavimentación de zonas degradadas. O prazo de execución é de dous meses.

A Xunta de Goberno acordou tamén declarar de emerxencia as obras necesarias para arranxar os danos provocados polas intensas choivas das últimas semanas no punto quilométrico 1,6 da estrada LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente por Sabadelle o seu paso polo concello de Sarria.

“Esta decisión permitiranos actuar de forma máis rápida e eficiente para repoñer o estado da vía porque será a empresa encargada da conservación da rede provincial nesta zona, Construcciones Leonardo Miguélez, a que se encargará dos traballos”, relatou García Porto, quen sinalou que o orzamento estimado é de preto de 69.000€.

Servizo de Teleasistencia

A Xunta de Goberno aprobou a licitación dun contrato por preto de 410.000€ para a prestación do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria que ofrece a Deputación de Lugo. Un servizo a través do cal a institución provincial garante atención domiciliaria gratuíta as 24 horas, os 365 días do ano, a cerca de 2.000 veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia que teñen dificultades na súa autonomía.

Esta prestación, que favorece a permanencia, o arraigo e a integración no entorno familiar e social destas persoas, consiste na instalación dun dispositivo no domicilio das persoas usuarias que permita a mobilización de recursos ante unha situación de emerxencia, necesidade ou seguimento. “Os usuarios deste servizo e as súas familias viven con máis tranquilidade, pois saben que, a pesar de ter dificultades ou vivir sós, contan cun sistema de chamada para recibir atención en calquera momento”, valorou a Deputada, que explicou que é un dos tres piares da rede de protección social da institución provincial. O contrato terá unha duración dun ano, con posibilidade de tres prórrogas, sen que a duración total exceda dos catro anos

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...