HomesociedadeVeciños da rúa Reboredo de Monforte quéixanse polas obras do paso a...

Veciños da rúa Reboredo de Monforte quéixanse polas obras do paso a nivel

As obras de mellora desta infraestructura ferroviaria fan que ADIF corte o tráfico desde o pasado 3 de abril ata o día 15. Os veciños quéixanse de que na rúa hai moita xente maior que non dispón de coche e o seu medio de acceso para ir ao centro de Monforte é a través do paso a nivel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os veciños da Rúa Reboredo dende o numero 118 en adiante manifestan nun comunicado o seu malestar polas obras que se están a realizar na mellora do paso a nivel desta rúa monfortina.

“Tal como organizaron o trafico se queremos ir a comprar a tenda do Lázaro ou ao Forno de Carud, por exemplo, temos que ir polo camiño de Bouza Brey ata o paso de Francisco Escultor Moure ou por Piñeira”, quéixanse os veciños, e lamentan que habendo sitio para pasar os peóns, a empresa que executa as obras non deixara alternativa de paso.

“O que máis nos enfada é que nunha tarde desta semana estaban 4 persoas traballando na zanxa, 2 encargadas, 1 palista, 1 camioneiro e SETE persoas mirando para o aire. ¿Acaso non podería haber 1 deles regulando o tránsito peonil?”, pregúntanse os veciños afectados, que trasladaron as súas demadas ao concello. Pola súa banda a administración local suxeriu poñer a reclamación oportuna á empresa que executa a obra. .

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...