HomesociedadeO programa Xunt@s da Deputación chega a Monforte

O programa Xunt@s da Deputación chega a Monforte

A Deputación destina un total de 91.000€ ao programa Xunt@s que está organizado da man dos concellos, consiste nunha serie de 125 xornadas temáticas gratuítas, que se celebrarán ata xuño por toda a provincia, e que teñen que ver coa saúde, co deporte ou coas novas tecnoloxías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, abriu este mércores en Monforte de Lemos a conferencia Promoción da saúde e proxecto de vida, no marco do programa Xunt@s que a institución provincial está desenvolvendo nos concellos da provincia dende principios de ano. Unha charla á que asistiron unhas 70 personas e que impartiron os doutores da Real Academia de Medicina de Galicia José Luis Rodríguez-Villamil, xeriatra, e Rosendo Bugarín, médico de familia e comunitario.

José Tomé salientou o éxito deste programa de actividades gratuítas de lecer e  formación que percorrerá ata o mes de xuño 25 concellos lucenses. “Xa participaron 1.000 veciños e veciñas da provincia, o que nos dá boa mostra de que funciona e de que estamos dando resposta ás necesidades e intereses que ten a nosa poboación”, subliñou. A iniciativa, explicou, busca favorecer o envellecemento activo, enriquecer a oferta de ocio e cultural dos concellos, e mellorar a calidade de vida e benestar da veciñanza, o que contribúe a fixar poboación.

“O programa Xunt@s, e o traballo que fai a Real Academia de Medicina de Galicia, son un bo exemplo de como cambiou a forma de concibir a atención sanitaria e o propio envellecemento. A saúde non consiste só en tratar as enfermidades, senón en actuar para previlas, en potenciar os hábitos saudables, no exercicio, na boa nutrición ou o lecer activo”, salientou ao inicio da conferencia celebrada hoxe no Centro Cívico de Monforte.

Nas súas palabras fixo unha defensa da sanidade pública, gratuíta, de calidade e universal. “Unha sanidade que chegue por igual a todos e todas os veciños, vivan no urbano ou no rural, porque, se os centros de saúde ou os hospitais non teñen o persoal que necesitan, sofre a saúde das persoas e sofre a saúde do persoal sanitario, obrigado a traballar cun sobresforzo permanente”. Na zona sur, a seguinte cita do programa é este xoves pola mañá cunha Xornada TIC no salón de actos da casa do conellos de Ribas de Sil.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...