HomesociedadePrimeira xuntanza sobre "Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

Este 24 de abril de 17:30 a 20:0h. terá lugar no Auditorio do Concello do Saviñao, en Escairón, a primeira xuntanza sobre "Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE. Nesta primeira xuntanza analizarase a situación do desenvolvemento das Comunidades de Montes da zona e todo o seu potencial. Presentaranse opcións para mellorar os recursos forestais, agrogandeiros, económicos e sostibles, así como as diversas alternativas para o seu desenvolvemento e posta en marcha.

Asistirán especialistas e casos de éxito como José Manuel Iglesias, da Comunidade de Montes O Carballo (Friol) e representante da empresa Tenzas; José E. Valcárcel, representate da Comunidade de Montes de Ousende; Felipe Castro, axente forestal; Daniel Canosa da Fundación Juana de Vega; Guillermo Díaz de Coureleando e Francisco J. Domínguez, resineiro e formador.

O obxectivo é chegar ao maior número de persoas que aposten polas Comunidades de Montes como vía decisiva na fixación de poboación e emprego/emprendemento para a dinamización e activación do sector en todo o territorio. Se a acollida desta xuntanza é exitosa, será a primeira de moitas onde se realizará un acompañamento efectivo aos plans de acción e intereses comúns que se detecten e requiran de dinamización.

Dende Acción contra a Fame animan a participar nesta xuntanza para apostar en común polo desenvolvemento sostible e aproveitamento dos recursos do territorio. Aquí o enlace de inscrición.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...