HomePolíticaRaquel Arias: "É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman...

Raquel Arias: “É inxustificable que Tomé ignore as 1.000 sinaturas que reclaman a Unidade de Atención Temperá para Monforte”

A deputada autonómica pola provincia de Lugo, Raquel Arias, lamenta que o Concello de Monforte de Lemos “se negue” a pedir a axuda da Xunta de Galicia para crear unha Unidade de Atención Temperá no municipio, "É inxustificable que o rexedor socialista ignore as 1.000 sinaturas que demandan a creación deste servizo", asegura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, Monforte é o único municipio da comarca sen este servizo, provocando que moitas familias se vexan obrigadas a ir a outras localidades limítrofes para poder beneficiarse deste servizo que o Goberno autonómico pon a disposición das entidades locais, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.

“No podemos entender como un alcalde pode renunciar este tipo de axudas que van destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas. O Sr. Tomé nin pensa nos monfortinos, nin lle interesa facelo. Estanllo pedindo os veciños e ofrecendo a Xunta e mira para outro lado”, sinala Raquel Arias.

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobaba este martes a proposición non de lei do Grupo Popular, que non foi apoiada polo Grupo Socialista, a través da que se solicita á Xunta que siga estendendo a Rede de unidades de atención temperá. Trátase do conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, e tamén ás súas familias e á súa contorna, para dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.

Na actualidade cóntase con 46 unidades espalladas pola comunidade galega que dan servizo a 200 concellos e atenden a máis de 4.000 nenos, “Todos os concellos que solicitaron a creación dunha unidade de atención temperá obtiveron a axuda da Xunta, que aporta a totalidade do custo das horas do servizo”. A Xunta de Galicia dedica este ano máis de 8 millóns de euros a consolidar a Rede Galega de Atención Temperá, o que supón un 60 por cento máis que en 2023.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...