HomeDeportesJacobo Senín, actual Campión Galego de Montaña, gaña a Subida a Taboada

Jacobo Senín, actual Campión Galego de Montaña, gaña a Subida a Taboada

Taboada coroou ós primeiros vencedores da tempada en Montaña. Jacobo Senín foi o máis rápido da fin de semana por diante de Alexis Vieitez e Jesús Pombo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A XI Subida a Taboada que se celebrou esta fin de semana tivo como gañador ao estradense Jacobo Senín, que impuxo a súa Nova Proto NP01 fronte ao Celtic-Dicode
de Alexis Vieitez e ao Tatuus FR de Jesús Pombo, que ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente na categoría de non carrozados, na que Senín se impuxo en tres das catro mangas oficiais celebradas.

Dentro tamén dos non carrozados, Pisko Ventín non deu opción aos seus rivais da categoría carcross, impoñéndose a bordo do seu Yacarcross en tódalas mangas e conseguindo unha meritoria sexta praza da xeral, por diante de Abraham Vázquez, que esta tempada pasou dos fórmulas á categoría carcross con outro Yacarcross e a Adrián Pereira, que foi terceiro cun La Base SX01.

Algo máis axustada estivo a loita entre os carrozados, onde Javier Carballo, co Porsche GT3 RS Cup e Jorge Pérez cun Hyundai i20 R5 repartiron as vitorias parciais das mangas con dúas vitorias cada un, aínda que finalmente o triunfo acabou en mans de Carballo. A terceira posición foi para Manuel Senra co Ford Fiesta WRC.

A vitoria nas copas monomarca foi para Manuel Rigueira no Desafío Kumho, mentres que César Figueiras, Noe González e Alejandro Crespo foron os encargados de ocupar as posicións de podio na Copa Antoxo Racing.

Ademáis, entre os participantes de regularidade, a vitoria foi para Breogán Abalde, acompañado de Ángel Monteagudo, por diante das duplas formadas por Darío Amorín con Luis M. Buján e Iván López con José A. López.

O récord do fin de semana foi para Jacobo Senín, que parou o cronómetro nun minuto, trinta e tres segundos e oitocentas sesenta e seis milésimas, marcando unha velocidade media de cento vinteseis con cincuenta e seis quilómetros por hora.

XI Subida a Taboada / Escudaría Taboada

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...