Homesociedade5 de maio, Día Mundial da Hipertensión Pulmonar

5 de maio, Día Mundial da Hipertensión Pulmonar

O Concello de Monforte súmase aos actos conmemorativos desta data iluminando de vermello a Torre da Homenaxe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico, e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola hipertensión pulmonar, na noite do domingo 5 de maio o Concello de Monforte procederá á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor vermello.

O Día Mundial da Hipertensión Pulmonar é un evento anual mundial para crear conciencia da Hipertensión Pulmonar (HP), unha afección grave que afecta os pulmóns e o corazón.

Cada ano, o 5 de maio e durante todo o mes, as organizacións de Hipertensión Pulmonar de todo o mundo participan nas actividades do Día Mundial da HP para dar a coñecer esta enfermidade, co obxectivo de concienciar sobre a importancia de obter un diagnóstico precoz, atraer a atención mundial sobre a importancia de mellorar a calidade de vida e celebrar as vidas dos máis de 25 millóns de persoas que viven con HP no mundo.

A Hipertensión Arterial Pulmonar (HAP) é unha enfermidade rara, grave, progresiva, crónica e de manexo complicado, podendo ser diversos mecanismos fisiopatolóxicos os que a desencadean. A HAP asóciase cun importante incremento do risco de morbi-mortalidade cardiovascular e deterioración da calidade de vida dos pacientes que a padecen, pois as persoas afectadas senten cansas, mareadas, con dificultade para respirar ou que experimenten outros síntomas.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...