HomeEconomíaPrograma Acelera PEME na Pobra do Brollón e Monforte de Lemos

Programa Acelera PEME na Pobra do Brollón e Monforte de Lemos

A oficina Móbil do Programa Acelera PEME estivo este 6 de maio ofrecendo asesoramento a emprendedores destes dous concellos durante a mañá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Oficina Móbil do Programa Acelera PEME, posto en marcha pola Deputación de Lugo, estivo ubicada na Avenida de Galicia, 55 no Concello de Pobra do Brollón ás 10:30 h. e na Praza da Compañía diante das Casitas ás 12:30 horas.

O Programa vai dirixido a autónomos ou propietarios dunha PEME que precisan impulsar a dixitalización do seu negocio. Dende esta Oficina Móbil Acelera PEME, dinamizadores dixitais proporcionaron asesoramento e axendaron citas presenciais ou telemáticas para aqueles que quixeran unha posterior consulta individualizada.

Servizos do programa Acelera Peme:

  • Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.
  • Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.
  • Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.
  • Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)
  • Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Deputación de Lugo o 13 de setembro de 2023 para reforzar o asesoramento gratuíto en materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución provincial a empresas e autónomos da provincia a través deste proxecto, que impulsa en colaboración co Goberno do Estado.

O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo. 

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...