HomesociedadeA tradición dos Maios reuniu 14 obras en Monforte

A tradición dos Maios reuniu 14 obras en Monforte

O 'Concurso dos Maios' que convoca o Concello de Monforte para recuperar a tradición non defraudou este ano. O aumento de axudas para a súa elaboración fixo posible que se presentaran un total de 14 traballos de gran calidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso dos Maios, organizado polo Concello de Monforte na praza de España o pasado 8 de maio, pódese calificar como exitoso, pois superou as previsións de traballos que luciron nesta clásica localización monfortina para eventos deste tipo. Os maios presentados fixeron un previo percorrido por as rúas céntricas da cidade.

Recibidos polo Alcalde, José Tomé Roca, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, foron finalmente 14 os participantes que aportaron as súas obras nesta tradicional festa, na que non faltou tampouco o canto de coplas. Neste último punto, destacou a intervención dunha persoa particular, Matilda Somoza González e dos colexios: Ferroviario, Ceip A Gándara, Ceip Monforte e IES Río Cabe.

O aumento de participantes neste ano, e a calidade dos maios presentados a concurso, motivaron a decisión do Alcalde de modificar as previsións iniciais premiando a todos os concursantes coa cantidade de 75€ e aumentar, polo tanto, o orzamento que estaba previsto pasando de 750 € a 1.050 €.

O rexedor felicitou aos presentes e convidou, tanto a estes como aos que non se puideran presentar este ano, a seguir participando nas próximas edicións para manter viva esta tradición que conmemora a entrada da primavera porque tal e como sinalou Tomé “non só o patrimonio histórico-artístico nos fai singulares; hai outro patrimonio, o inmaterial, as nosas tradicións, que tamén forman parte da nosa riqueza cultural e que é moi importante conservar”.

Colexio Ferroviario coa súa obra “CO-CO-CO”. Foto: C.F.
  • CEIP MONFORTE
  • COLEXIO FERROVIARIO
  • CEIP A GÁNDARA
  • MATILDA SOMOZA GONZÁLEZ
  • CENTRO DE DÍA DE MONFORTE DE LEMOS
  • GERIATROS DOMUSVI MONFORTE
  • ASOCIACIÓN AGORA- ÁREA DIURNA TERAPÉUTICA
  • MARÍA GONZÁLEZ DE ISUSI
  • FRANCISCO JAVIER FERNÁNDEZ SALAZAR
  • ASOCIACIÓN AGORA- ÁREA OCUPACIONAL
  • CRISTINA BLANCO RAJO
  • Mª MONTSERRAT RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
  • IES RIO CABE- ALUMNADO 1º ESO PRIMEIRO GRUPO
  • IES RIO CABE-ALUMNADO 1º ESO SEGUNDO GRUPO
PARTICIPANTES NOS CANTOS DAS COPLAS
  • COLEXIO FERROVIARIO
  • CEIP A GÁNDARA
  • MATILDA SOMOZA GONZÁLEZ
  • CEIP MONFORTE
  • IES RIO CABE

Os aboamentos dos premios, serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...