HomesociedadeCabanas de madeira nun bosque embruxado con esculturas en Sober

Cabanas de madeira nun bosque embruxado con esculturas en Sober

O Concello de Sober contará na vindeira primavera coas primeiras cabanas de madeira que se constrúan nun bosque embruxado con esculturas pensadas para o público familiar. O Concello de Sober concederá a licenza de obra nos vindeiros días para que poidan dar comezo os traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O promotor desta iniciativa de camping na natureza, o empresario local, Rubén Vázquez, decide poñer en marcha este proxecto de ‘As Cabanas do Sil’ no lugar de Santa Marta, na parroquia Barantes onde, nunha primeira fase da iniciativa vanse instalar tres cabanas de madeira con capacidade para 12 persoas.

A novidade da proposta reside no lugar de emprazamento das cabanas, un bosque autóctono de carballos, castiñeiros centenarios e bidueiros moi próximo ao Canón do Sil onde os protagonistas serán os trasgos, elfos e animais autóctonos, que buscan converterse nun atractivo para familias con nenos e nenas.

As tres edificacións serán construídas integramente en madeira e disporán de todas as comodidades; como cociña, baño e terraza. Tamén terán calefacción e aire acondicionado. A súa construción farase respectando a paisaxe e a natureza e tratando de integrar as casas na contorna. A parcela sobre a que se asenta o proxecto conta con 12.000 metros cadrados de superficie. Outra das novidades é que serán cabanas temáticas.

O rexedor do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, agradécelle ao promotor esta iniciativa que traerán á localidade “as primeiras cabana de madeira integradas nun bosque con esculturas da Ribeira Sacra”, o que vén a ampliar a oferta turística da que xa dispón a localidade.

Luis Fernández Guitián e Rubén Vázquez / Concello de Sober

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...