HomesociedadeA Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

A Fundación San Rosendo, que xestionará a residencia da terceira idade de Pantón, vén de adxudicar as obras para a súa construción é empresa Gómez Crespo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€. Pola súa banda o Concello de Pantón cede os terreos, unha leira ao carón da Praza do Concello, por baixo da casa da cultura, entre as rúas Fernández Núñez e Ourense.

Antes do 15 de xuño colocarase a primeira pedra desta obra, polo que na primavera do vindeiro ano, as obras da residencia terían que estar remadas. As instalacións da nova residencia da terceira idade de Pantón terán capacidade para 36 prazas e suporán a creación de 25 postos de traballo.

“Para o Concello de Pantón sacar adiante esta residencia é a culminación a un proceso que traerá maiores facilidades de atención para os nosos maiores. Tentamos que a nosa xente maior, que non pode ter outro tipo de coidados, poida pasar en Pantón a maior parte do seu tempo nas mellores condicións posibles”, destaca o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...