HomeCulturaMonforte enxalza a Luisa Villalta no 17 de maio

Monforte enxalza a Luisa Villalta no 17 de maio

O Concello de Monforte de Lemos, celebrou na mañá deste venres a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2024, que está adicado a escritora e música,  Luísa Villalta Gómez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 17 de maio, a programación ideada arredor do Día das Letras Galegas incluíu a celebración do Festival Letras Galegas 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro áss 12:00 h. coas actuacións da Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte e da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.

O Festival abriu coa intervención institucional do Alcalde, José Tomé Roca, quen salientou a “prolífica obra de Luísa Villalta que abarca poesía, teatro, narrativa e ensaio, a través da cal foi unha defensora apaixonada da lingua e cultura galegas”.

O Alcalde salientou que “a súa obra non só é recoñecida pola súa beleza literaria, senón tamén polo seu profundo sentido de xustiza social e igualdade”. Así mesmo, o rexedor monfortino subliñou que “Luísa Villalta mantén o pulso tenso da pescuda intelectual en cada acto de escrita cunha atenta interacción cos debates do seu tempo, que é tamén este. A coherencia da súa posición intelectual é un dos trazos significativos dunha personalidade literaria que se debuxa con matices propios e singulares no contexto da dúas últimas décadas do século XX e primeiros anos do XXI.”

Para rematar a súa intervención o rexedor rescatou uns versos da autora coruñesa do poema “Antiquísima” do libro “En Concreto”:

ESA son eu

rubindo unha e outra vez as escadas

dun mundo posíbel

separado sempre pola idade, a teima

e a vontade íntima de voar.

No acto, ademais do Alcalde tamén estiveron presentes a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, así como outros membros da Corporación municipal e numeroso público

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...