HomePolíticaKaty Varela asegura que Tomé confirmou que "non se mellorará o saneamento...

Katy Varela asegura que Tomé confirmou que “non se mellorará o saneamento da Compañía”

Katy Varela explica que o alcalde de Monforte confirmou que a obra de mellora do saneamento “tantas veces anunciada na Compañía non se podía realizar por dificultades técnicas. É un experto en maquillaxe pero á hora da verdade non soluciona os problemas básicos dos monfortinos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Maquillar Monforte é o verdadeiro lema que guía a José Tomé na alcaldía, preocupado por botar asfalto por enriba do asfalto”, a voceira popular, Katy Varela, anuncia un novo exemplo do abandono de Tomé polos servizos básicos para os monfortinos, xa que vén de coñecerse que a anunciada mellora do saneamento na Compañía non se realizará.

Dende a bancada popular entenden que un bo xestor debería preocuparse por mellorar todos os servizos para os seus veciños, non só de asfaltar. Neste senso explican que “non criticamos que se mellore o asfaltado das rúas, pero cando se vaia a realizar esa actuación se melloren tamén as canalizacións existentes para facer unha actuación global que mellore todos os servizos”.

Para os populares esta actuación “é prioritaria” por ser unha zona con inundacións constantes polo mal estado dos sumidoiros”. “Unha actuación de mellora que non se realizará e que José Tomé tentou agochar anunciando os cambios de actuacións no convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil por mor dunha incidencia no cruce do Rego de Arraxo coa Rúa Morín, ante a necesidade de arranxar os tubaxes deteriorados nese punto”, explican os populares.

Katy Varela afirma que José Tomé debe tomarse “en serio o problema do saneamento e o abastecemento en Monforte, máis cando os problemas de roturas de tubaxes e cortes de auga é frecuente”. Ante esta situación, o PP preguntará no pleno que ten pensado facer o goberno local co problema do colector da Compañía.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...