HomeCultura31 de maio, Día da Xuventude en Chantada

31 de maio, Día da Xuventude en Chantada

O Día da Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que se desenvoverá en distintos concellos durante as próximas fins de semana en horario de tarde. No Concello de Chantada o Día da Xuventude celebrarase na praza diante do Polideportivo Municipal, o día 31 de maio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No Concello de Chantada o Día da Xuventude celebrarase na praza diante do Polideportivo Municipal, o día 31 de maio en horario de 16:00h a 21:00h. A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos, e contarase tamén cun espazo de construcións para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Durante a tarde do venres levaranse a cabo distintas actividades e obradoiros de educación non formal que teñen como obxectivo sensibilizar, entreter e formar á mocidade, así como dar a coñecer outras actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Rematarase coa actuación dunha formación ou artista local que nesta ocasión sae das escolas de música, trátase do cuarteto de saxofóns Albeiro Ardoa que ofrecerá un concerto a partir das 20:30h.

Todas as actividades son de balde e están abertas a toda a mocidade interesada, “Será unha tarde de moito ambiente en Chantada onde a mocidade será protagonista. Nesa xornada celébrase tamén un Campionato de Fútbol Sala que concentrará a moitos nenos e nenas no Polideportivo Municipal e na contorna, con este Día da Xuventude”, destaca Belén Vázquez, Concelleira de Deportes, Educación e Xuventude.

As actividades e obradoiros a desenvolver neste Día da Xuventude son os seguintes:

  • Gastronomía saudable: demostración culinaria, cocteis sen alcohol
  • Lecer educativo: futbolín humano, tiro con arco, espazo de construcións
  • Punto informativo con información para a mocidade
  • Concienciación ambiental: xogo de escape e realidade virtual
  • Expresión artística: Obradoiro de arte colaborativo
  • Educación en igualdade de xénero: tipos de violencia e cimentos en xogo
  • Fomento das habilidades para a empregabilidade: recursos e kahoot!

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...