HomePolíticaMelloras en estradas e na recollida do lixo, demandas do BNG de...

Melloras en estradas e na recollida do lixo, demandas do BNG de Monforte

O BNG de Monforte solicítalle ao goberno municipal o arranxo da vía que une a A Vide coa antiga N-120 e que se acabe cos problemas que teñen co lixo, as empresas da periferia da cidade.

Publicado o

- Advertisement -

Os nacionalistas de Monforte aseguran que hai moitas empresas que desenvolven a súa actividade na periferia da cidade, que pagan unha taxa na recollida do lixo como actividade industrial en función da cantidade que xeran. Segundo o BNG hai unha descompensación entre o que pagan e o servizo que se lles dá porque as recollidas dos contenedores son insuficientes. Nesta siutación, o BNG presenta un rogo ó Goberno Municipal para que tome as medidas axeitadas para solucionar o problema.

O BNG propón a dotación dun maior número de contedores, que os xa existentes sexan substituídos por outros de maior tamaño ou que o baleirado se realice con maior frecuencia.

En canto á estrada que une A Vide coa antiga N-120, pídendelle ao goberno municipal que se arranxe o pavimento, que está moi deteriorado e se proceda ó acondicioado das beirarrúas para que poidan ser empregadas polos viandantes con total seguridade. O BNG propón que se aproveite a reparación prevista noutra vía que une a N-120 coa ponte de Piñeira para facer esta actuación.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...