HomesociedadeAlumnado do IES A Pinguela coñece máis sobre serpes, arácnidos e réptiles

Alumnado do IES A Pinguela coñece máis sobre serpes, arácnidos e réptiles

O IES A Pinguela acolleu unha clase para o alumnado de 1º ESO A+B sobre serpes, arácnidos e réptiles organizada polo departamento de Bioloxía. Mentres, tres alumnos do centro están de Erasmus en Italia e Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José María Soriano, un dos responsables do Núcleo Zoolóxico Aula de réptiles de Mallorca falou ao alumnado do coidado destes animais e das súas características. Lembrou a importancia de NON adquirirlos NUNCA como mascotas, dado o alto risco que se lles pode
ocasionar e máis aínda ó medioambiente e ó planeta.

“Foi unha maneira impactante de aprender sobre tartarugas, serpes, réptiles, e tamén arañas, que os presentes cremos que non olvidarán, e que seguro fixeron medrar o seu
amor pola natureza, destacan desde o centro.

José María Soriano, alertou do problema que se crea no Medio Ambiente cando estes animais son abandonados nun hábitat que non é o seu. Ensinoulles a distinguir polas escamas a un lagarto dunha serpe. Puideron ver e tocar estes animais, como é a súa pel, a súa textura, si son lisos ou non, se a pel é dura ou branda, notaron a pel escamosa, o seu
corpo frío, como se retorce a súa columna vertebral ó desprazarse, etc.…Tamén falou sobre o erro cada vez más habitual de pensar que estes animais poden terse como mascotas.

Charla José María Soriano réptiles / IES A Pinguela

As estrelas do taller foron a Macroclemys temminckii (Tartaruga Caimán, orixinaria de Estados Unidos e considerada la tartaruga de auga doce más grande del mundo), Stigmochelys pardalis (Tartaruga Leopardo, de terra africana, a cuarta más grande do mundo), Pogona Vitticeps (Lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil), Lampropeltis T. Sinaloae (serpente inofensiva, coñecida como falsa coral), Araña…, e a Boa Constrictor Albina (a estrela, que sen ser grande, pesa uns 30 kilos).

Alumnado do IES A Pinguela de Erasmus

Tres alumnos do IES A Pinguela están a realizar a súa Formación en Centros de Traballo en empresas doutros países da Unión Europea coa financiación que ofrece a Carta Erasmus. Son dous meses e medio os que Álvaro Mariñas e Diego G. Guntín, do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, estarán en Novara (Italia), e Saray Carolina
Santos Kruschesky
, de FP Básica Servizos Administrativos, en Porto (Portugal).

“Está a ser unha experiencia extraordinaria para eles, durante a que viven noutras linguas e culturas, coñecen uns distintos mundos empresariais e tamén melloran a súa autonomía persoal”, apuntan desde o IES A Pinguela.

Erasmus IES A Pinguela / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...