HomesociedadeReordenación do tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este 4...

Reordenación do tráfico na rúa Doutor Casares de Monforte desde este 4 de xuño

Esta reordenación do tráfico débese ás obras de mellora na rede de saneamento, correspondentes á 2ª Fase de actuacións que o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil iniciaron en setembro de 2023 en diferentes zonas da cidade. Estímase que as actuacións de mellora que implican estes cambios teñan unha duración máxima dunha semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos de mellora levaranse a cabo no centro da calzada da rúa Dr. Casares, á altura da confluencia coas rúas Caneiro e Coruña. Suporán a mellora do saneamento coa realización da canalización de pluviais e residuais independentes, coa posterior humanización das beirarrúas correspondentes. Instalarase un pozo unitario de residuais que une as dúas marxes da rúa Doutor Casares e na rúa Concepción Arenal instalarase un separador líquido dinámico para mellorar o verquido de augas pluviais ó río.

As medidas de ordenación do tráfico adoptadas para levar a cabo estas actuacións, serán as seguintes:

  • Cortarase o tránsito de vehículos no tramo de rúa Dr. Casares comprendido entre o cruce con rúa San Pedro e o final da mesma, á altura do enlace con rúa Concepción Arenal.
  • Cortarase o tránsito de vehículos no tramo da rúa Morín comprendido entre o cruce con rúa Dr. López Suárez e o inicio da mesma, á altura do enlace con rúa Concepción Arenal.
  • Cortarase o tránsito de vehículos pola rúa Caneiro na súa totalidade.
  • Cortarase o tránsito de vehículos pola rúa Pontevedra na súa totalidade.

A circulación alternativa farase pola rúa San Pedro, para aqueles vehículos que procedan da Ronda María Emilia Casas Baamonde e do tramo non pechado ó tráfico da rúa Dr. Casares, seguindo polas rúas Leopoldo Calvo Sotelo e Rosalía de Castro ata Dr. López Suárez e Condesa Pardo Bazán, desde as que enlazarán con rúa Morín.

Nas rúas cortadas permitirase o paso de vehículos de residentes, usuarios de garaxes, de vehículos de servizos e de carga e descarga para os establecementos comerciais existentes na zona, así como se facilitará o acceso a estación de servizo ubicada nas inmediacións da zona dos traballos. Todo elo, sempre de forma que resulte compatible coa situación das obras en cada momento.

Estas actuacións corresponden á 2ª Fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte e contan cun investimento de 1,8 millóns de euros, “un investimento millonario para a cidade que fala por si soa, da importancia do proxecto das obras que se están a realizar e que van supor unha mellora moi significativa do saneamento na cidade”, destaca o Alcalde. As actuacións están cofinanciadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que aporta o 80% da inversión, e polo Concello de Monforte, con unha porcentaxe do 20%.

Todas estas actuacións buscan a redución de augas brancas que se incorporan á rede de forma irregular por deficiencias construtivas e do estado de conservación dos pozos e levar a cabo reparacións estruturais da rede nas rúas mencionadas que precisan dunha intervención mais urxente.

O rexedor monfortino remarca que nestes catro últimos anos, a inversión total na rede de subministro de auga alcanza os 4 millóns de euros, o que demostra que se está a facer un gran esforzo por corrixir os problemas de saneamento da cidade que se veñen sufrindo dende fai moitos anos. En marzo de 2023, o Concello asinou coa CHMS unha inversión de preto de 5 millóns de euros para a construción dunha nova depuradora no Polígono industrial do Reboredo.

O Concello ten en marcha outro proxecto fundamental para mellorar o saneamento da cidade, como é a instalación da nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, que ten un investimento de 1,7 millóns de euros, e que foi froito das negociacións do Alcalde coa empresa FCC Aqualia S.A.

ÚLTIMAS

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...