Homesociedade60.000€ para a mellora de infraestruturas turísticas de Folgoso do Courel

60.000€ para a mellora de infraestruturas turísticas de Folgoso do Courel

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañado da alcaldesa do Courel, Lola Castro, comprobou o resultado das actuacións realizadas na ruta de sendeirismo dos Sequeiros de Mostad. Explicou que foron financiadas pola Xunta con cargo ás subvencións do ano pasado, xunto con outras intervencións levadas a cabo na ruta de sendeirismo da Mina da Toca e na contorna da ponte acueduto do Arco da Veiga

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina preto de 60.000 euros a financiar proxectos de mellora de infraestruturas turísticas en Folgoso do Courel a través das dúas últimas convocatorias de axudas da Axencia de Turismo de Galicia para acondicionar elementos que supoñen un atractivo para os concellos.

Os traballos executados nestes espazos incluiron a adecuación de camiños e accesos, a renovación da sinalización direccional e a instalación de paneis de madeira con teito que conteñen información sobre as rutas.

Arias tamén informou da resolución da orde deste ano, que achega 30.000 euros ao Concello de Folgoso do Courel para seguir traballando na restauración e sinalización dos seus recursos patrimoniais. As novas propostas de mellora céntranse na ponte de pedra de Lousadela e nos miradoiros de Pico Polín e Vidallón.

O delegado explicou que en toda a Zona Sur as axudas concedidas en 2024 a través deste programa suman case 150.000 euros e benefician a cinco concellos. Así, Bóveda, Quiroga, Sober e Taboada tamén mellorarán puntos de interese turístico co apoio da Xunta.

Con esta liña de subvencións destinadas a municipios de menos de 10.000 habitantes, busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a diversificación turística polo territorio. No conxunto da Comunidade, este ano foron beneficiarios 67 concellos cun investimento global de 2M€.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...