HomeEconomíaO Concello de Monforte acomete a mellora da marxe dereita da rúa...

O Concello de Monforte acomete a mellora da marxe dereita da rúa Abeledos por execución subsidiaria

O custe do proxecto de licitación é de 75.606,89€ que serán repercutidos ó titular da urbanización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mellora da marxe dereita da rúa Abeledos de Monforte levarase a cabo por execución subsidiaria, é dicir, que o Concello levará a cabo esta actuación e a empresa que tiña que ter realizado as obras de mellora e urbanización será a que teña que asumir os custes da mesma.

José Tomé subliñou que esta acción enmárcase dentro da súa folla de ruta como Alcalde, que dende 2015 acomete “a mellora do urbanismo da nosa cidade, e por iso nestes últimos 8 anos transformamos todos os barrios de Monforte e mesmo obrigamos a rematar obras de urbanización que estaban ligadas a algún edificio en construción e que estaban sen facer despois de moitos anos, por parte das empresas que promoveron as urbanizacións, como é o caso das Acacias”, que agora mellorará todo o barrio do Hospital.

O proxecto afecta a unha lonxitude de 98 metros lineais por 5,53 metros de ancho, o que supón unha superficie de 542 m2.

As obras consisten nas seguintes accións:

  • Apertura da caixa para a dotación de servizos de saneamento, abastecemento, alumeado e comunicacións.
  • O peche da parcela lindeira con bloques de formigón de cara vista.
  • Construción dunha beirarrúa peonil con bordo e baldosas de formigón, sobre soleira e zahorra.
  • Dotación de firme no carril lindante coa beirarrúa coa colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente, tipo D-12 de 5 cm. de espesor.

Por último, procederase ao pintado de marcas viarias, de símbolos e cebreados

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...