HomePolítica"Máis traballo e menos fotos no desdobramento do corredor Nadela-Monforte", pídelle o...

“Máis traballo e menos fotos no desdobramento do corredor Nadela-Monforte”, pídelle o PSdG a Rueda

A Secretaria de Organización Provincial do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, pediulle este mércores ao Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, “máis traballo e menos fotos electoralistas para avanzar dunha vez por todas coas obras de desdobramento do corredor Nadela-Monforte, que é o que precisamos os veciños e veciñas desta provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

García Porto fixo estas declaracións logo de que Rueda estivese este mécores no Páramo “anunciando con bombo e platillo que o proxecto do desdobramento do treito Nadela- A Pobra de San Xiao sae a información pública, cando levan anos e anos de atrasos con esta obra, non é precisamente para sacar peito, senón que debería darlles vergonza. É urxente que se poñan a traballar para completar esta importante arteria de comunicación por estrada dun xeito serio e rigoroso e se deixen de enganar á veciñanza, porque o máis probable é que non vexamos inaugurado este treito de 16 quilómetros ata, polo menos, o 2026”.

“Ata o de agora o único que vimos foi unha política da Xunta de executar a pedazos pequenos e iso non serve, porque temos que facer unha análise máis global da situación. Estamos falando dunha estrada que soporta un alto volume de tráfico, tanto de transporte de mercadorías como de turismo”. Lembrou que se trata dunha demanda social, que foi referendada no Pleno da Deputación  por unanimidade no mes de marzo e tamén con varios acordos tamén unánimes no Parlamento de Galicia, pero “que vén atopando atrancos e atrasos cos que a Xunta de Galicia está desenvolvendo este proxecto”.

García Porto lembrou que a primeira licitación, a do treito A Pobra de San Xiao-Sarria, non se realizou ata o ano 2017, quedando inaugurado cinco anos despois. Explicou que foi no 2022 cando se licitou o seguinte tramo, Nadela-A Pobra de San Xiao, “16 quilómetros que a Xunta non ten previsto inaugurar, polo menos, ata 2026”.

Ademais, foi clara ao reivindicar un proxecto que camiñe cara vertebrar a provincia de Lugo e incidiu en que é “urxente para reducir  máis axeitada parara reducir o número de accidentes que se producen, pois a vía ten carencias de seguridade que se poderían solucionar co desdobramento da estrada. Entendemos que só apostando pola mobilidade, os servizos públicos e a economía poderemos acadar un desenvolvemento sostible que garanta as oportunidades no rural e un equilibrio territorial”, afirmou Pilar García Porto

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...