HomeEconomíaAvanza a redacción do proxecto de ampliación do Polígono do Reboredo en...

Avanza a redacción do proxecto de ampliación do Polígono do Reboredo en Monforte

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial do Atlántico (SEA) e parte do seu equipo desprazáronse este venres ás oficinas de Proyfe en Narón para coñecer de primeira man os avances na redacción dos proxectos de ampliación dos parques empresariais de Reboredo, en Monforte de Lemos, e A Laracha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Técnicos de Proyfe intercambiaron impresións e informaron sobre os avances de ambas as superficies industriais, licitadas o pasado 31 de xaneiro. A empresa Proyfe encargarase da redacción do proxecto do polígono de Reboredo, por un importe de 50.336 euros..

O Parque Empresarial de Reboredo, en Monforte de Lemos –actualmente ocupado na súa totalidade– duplicará a súa superficie sumando 275.000 metros cadrados máis, cun investimento previsto que superará os 13 millóns de euros. SEA responde así ao crecemento que, no últimos tres anos, experimentou este parque empresarial, pasando do 20 ao 100 por 100 de chan adxudicado.

Tanto SEA como o Concello de Monforte traballaron intensamente para conseguir que unha trintena de empresas estean asentadas nesta superficie industrial xerando máis de trescentos empregos directos. Compañías como Oviganic, especializada en produtos lácteos; e a farmacéutica KernPharma, pertencente ao grupo Indukern, son algunhas das empresas que se instalaron no Reboredo.

Tanto SEA como Proyfe coincidiron en valorar a importancia de realizar dous proxectos “vivibles”; isto significa que se lle vai a dar gran importancia aos espazos verdes, á construción de carrís bici e outras dotacións que permitan conectar estas superficies industriais coas necesidades dos concellos.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...