HomeDeportesFesta de fin de tempada do C.P. Calasancio con entrega do pin...

Festa de fin de tempada do C.P. Calasancio con entrega do pin de ouro a Javier Anido a título póstumo

O rexedor monfortino, José Tomé Roca, presidiu a clausura da tempada e entregou os pins de prata outorgados polo Club Calasancio ós xogadores que por idade, teñen que deixar o club nesta tempada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Festa Fin de Tempada 2023-2024 que o C.P. Calasancio celebrou no salón de actos do Colexio Nosa Señora da Antiga-Escolapios, tamén se fixo entrega do Trofeo “Alex Blanco” a dous xogadores en recoñecemento ós seus méritos. A Real Federación Galega de Fútbol – Futgal entregou os trofeos conseguidos, Campión Liga Galega Alevín Feminina Consolación 1 e o Campión Segunda Galicia Infantil.

E outorgóuselle, a título póstumo, o pin de ouro do Club Calasancio a Javier Anido, o cal recolleu a súa muller, Marina Armesto, que estivo acompañada polos seus fillos. Anido foi responsable de mantemento das instalacións do Calasancio durante máis de dúas décadas. Faleceu o 6 de abril de 2024.

Na súa intervención, José Tomé tivo un sentido recordo para Javier Anido, “un amigo co que traballamos en moitas ocasións”. Tamén destacou o rexedor monfortino a estreita colaboración que o Concello mantén co club, non só a través das axudas que lles proporcionan como club deportivo, se non tamén con investimentos na mellora das súas instalacións deportivas, como a recente renovación do céspede artificial do campo, cun investimento de 190.000€.

Tras a clausura oficial da tempada, tivo lugar unha cea de confraternidade no pavillón polideportivo do Colexio.

ÚLTIMAS

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...