HomeMedio ambiente e PatrimonioO Museo Provincial de Lugo expón unha ámboa realizada en Samos en...

O Museo Provincial de Lugo expón unha ámboa realizada en Samos en 1706

O Museo Provincial de Lugo, xestionado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, expón unha singular peza de cerámica de Samos de 1706, coñecida como a "ámboa dos anxos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dunha peza de especial valor patrimonial pola súa antigüidade, conservación e decoración, na que destacan catro anxos cuxas cabezas, realizadas con molde, que sobresaen entre grandes ás executadas por medio de incisións. Entre eles intercálanse catro vieiras, feitas tamén con molde e rodeadas de motivos fitomórficos.

Na parte superior conta con dúas inscricións, unha en relevo que indica o nome do propietario da peza: Soi de R. Díez de Valcarce Vázquez y Quiroga e outra incisa que identifica ao oleiro e a data na que foi realizada: Franco antto Gomez me fecit en Samos en 18 de agosto del año de 1706.

Esta obra formou parte da exposición “ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”, realizada no Vello Cárcere de Lugo entre o 29 de febreiro e o 17 de maio de 2024, en función do proxecto Alfarería de Galicia. ConCiencia de una tradición, co que colabora o Museo Provincial de Lugo. Ao finalizar dita mostra foi depositada no MPL polo seu propietario.

As ámboas son grandes recipientes de barro que se empregaban principalmente para almacenar viño e outros líquidos. Algúns exemplares, que presentan a boca máis ancha, servían tamén para gardar o gran. Adoitan presentar unha forma esférica alongada, co corpo percorrido de xeito transversal por finas liñas ou tiras de barro, decoradas cunhas
marcas -a modo de “punteado”- que o oleiro realizaba co dedo mentres a peza xiraba no torno.

ÚLTIMAS

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por presunto acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...