HomesociedadeA Asociación Veciñal do Saviñao alerta da ameaza dos parques eólicos na...

A Asociación Veciñal do Saviñao alerta da ameaza dos parques eólicos na Ribeira Sacra

A asemblea da Asociación Veciñal do Saviñao analizou as consecuencias que derivarán do paso dunha nova liña de alta, procedente do parque Chao do Marco (Becerreá), así como da previsión doutro parque eólico que se instalará na parroquia da Broza no municipio do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A reunión concluíu co rexeitamento destas operacións, “que supoñen entregar o territorio a intereses empresariais”. Destaca a Asociación Veciñal que nos últimos anos dase unha alarmante proliferación de parques eólicos no conxunto da comunidade e “no territorio no que nacemos e habitamos”.

A Asociación advirte nun comunicado das consecuencias que traerán estas instalacións:

  • Afondarase non abandono rural: A presenza dos muíños, o ruído, as torretas de derivación e o seu cableado, os desmontes e accesos farán difícil e incómoda a vida en varios quilómetros ó redor, o que nun curto prazo provocará un éxodo dos habitantes. Agora que se está a observar un moderado e optimista repunte poboacional e unha crecente restauración de vivendas e aldeas, a perda de atractivo das zonas afectadas polos eólicos freará a demanda de vivienda.
  • Incidencia negativa na economía: A Ribeira Sacra está espertando un grande interese turístico, e a proba é o crecente número de proxectos empresariais relacionados con esta actividade. Non obstante, co maltrato da paisaxe que supón a presenza dos parques eólicos, a hostalaría, as casas e os pazos de turismo rural e as iniciativas de lecer verán mermada a súa actividade. A construción das instalacions e das vias de aceso limitará e fragmentará as plantacións e a utilidade dos numerosos montes comúns que atravesa.
  • Destrozo da paisaxe: Todos os elementos construtivos destes parques, así como os desmontes de aceso e derivación supoñen unha agresión contra a paisaxe e a natureza, o elemento patrimonial máis valioso que temos e que nos levou á candidatura a Patrimonio da Humanidade.
  • Incidencia no medio: A presenza destes parques ten demostrado o grave prexuízo sobre a biodiversidade da fauna. Aves e mamíferos verán suprimidos os seus nichos ecolóxicos e as vías de tránsito.
  • A quen beneficiarán?: A compra ou a expropiación forzosa aos propietarios dos terreos supón escasos beneficios fronte á economía crecente que desenvolven outros sectores produtivos. Os únicos beneficiarios serán as empresas enerxéticas, que se aproveitarán do territorio.

“Entendemos que a enerxía eólica é limpa pero non pode ser imposta desta maneira. Para ser sostible a primeira premisa é non molestar nin causarlle prexuizos a quen naceu e habita no territorio. Non podemos permitir que se repita o que aconteceu nun pasado recente coa construción dos encoros e presas, que provocaron a migración da poboación, para beneficio únicamente da empresa”, sinalan desde a Asociación Veciñal. Conclúen asegurando que os parques eólicos comprometerán o futuro da comarca, ao seren incompatibles co obxectivo de que se recoñeza a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...