HomeComarca de SarriaSarriaCiberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Ciberseguridade e delitos informáticos, temas centrais das Xornadas Xurídicas de Sarria

Celébranse entre os días 12 e 14 de xuño, na Casa da Cultura da localidade, e pódense seguir de forma presencial ou en directo a través da canle de YouTube dos servizos audiovisuais da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores 12 de xuño celebrábase a inauguración das XVII Xornadas Xurídicas Román García Varela de Sarria no salón de Actos da Casa da Cultura, acto no que estiveron presentes o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o Alcalde da localidade, Claudio Garrido; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde; o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e a directora da UNED en Lugo, Ana Traseira.

“Vivimos nun mundo cada vez máis dixitalizado, onde as novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial, son parte esencial das nosas vidas. Esta transformación dixital trae consigo grandes oportunidades, pero tamén novos retos e ameazas”, sinalou o Deputado provincial Pablo Rivera. Incidiu Rivera Capón que “a ciberseguridade non é só unha cuestión técnica, senón un asunto fundamental que afecta á nosa privacidade, á nosa economía e á nosa seguridade nacional”.

Pablo Rivera aproveitou tamén a ocasión para falar da creación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), que ten ”un papel crucial na regulación e supervisión, asegurando que o seu desenvolvemento e aplicación se realicen cos máis altos estándares de seguridade e ética”.

COMO SEGUIR AS XORNADAS?

As XVII Xornadas Xurídicas de Sarria celébranse entre hoxe e o vindeiro venres, 14 de xuño, na Casa da Cultura da localidade, e pódense seguir de xeito presencial ou en directo a través de YouTube grazas á retransmisión realizada polo TIC Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

A dirección corre a cargo do Avogado D. Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade da Comunidade de Madrid, e D. Román García-Varela Iglesias, letrado da Administración de Xustiza, podendo descargar o programa das xornadas na páxina web do Concello de Sarria.

Un ano máis, as conferencias que se imparten terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo obterá o equivalente a 10 horas lectivas.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...