HomesociedadeO PP pon en valor o traballo realizado pola comisión de Festas...

O PP pon en valor o traballo realizado pola comisión de Festas de San Antonio

A voceira popular, Katy Varela, explica que estas celebracións son un éxito en Monforte “grazas á agrupación de veciños que compoñen a comisión de festas, que co seu esforzo e meses de traballo, conseguen que as festas deste barrio sexan das máis importantes da cidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, o alcalde, José Tomé Roca, tenta apropiarse desta celebración e lembran que o concello aportaba 500€ para as Festas de San Antonio, do mesmo xeito que facía co resto de barrios e parroquias.

Aseguran desde o PP que “esa cantidade subiu cando desde o PP de Monforte conseguimos que a través de Turismo, a Xunta achegase ata 1.000€ para estas festas, aportación que tamén se realizará este ano, momento no que o alcalde subiu a cantidade”.

“Por moitas achegas que realice dende unha administración para que unha festa tradicional  desenvólvase con éxito, un non pode apropiarse do traballo dos veciños”, critica a popular, que tamén aproveita para destacar “ese traballo e esforzo dos veciños para que ano tras ano estas festas sexan un éxito”.

Programa Festas de San Antonio

Despois da bendición e venda das roscas na mañá deste xoves e de diferentes actuacións ao longo da xornada. A festa verbena desta noite contará desde as 21:00h coas actuacións de DJAyran e da orquestra Combo Dominicano.

Venres 14

  • 10:00. Salva de bombas.
  • 18:30 a 20:30. Dúas horas sen luces e sen música para que tamén os nenos con necesidades especiais poidan gozar das festas
  • 21:00 horas. Festa verbena co dúo Estrellas e a orquestra Salsarena

Sábado 15

  • 10:00 horas. Salva de bombas para anunciar o terceiro día das festas
  • 10:30 horas. Dianas e alboradas a cargo da agrupación Xograres de Lemos
  • 19:30 horas. Actuación da agrupación Lemavos e a agrupación De Pé Feito na praza de Santa Clara
  • 22:00 horas Festa coa orquestra Solara
  • 00:00 horas. Fogos de artificio, seguidos de verbena coa Orquestra Solara e concerto de Malenne

Domingo 16

  • 10:00 horas. Unha salva de bombas anunciará o último día das festas
  • 10:30 horas. Actuación de grupo de gaiteiros polo barrio de San Antonio
  • 11:30 horas. Xogos infantís no Campo de San Antonio
  • 21:00 horas. Festa con orquestra Saudade

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...