HomePolíticaPor Chantada denuncia un ano máis a xestión do Campamento de Verán

Por Chantada denuncia un ano máis a xestión do Campamento de Verán

Segundo Por Chantada numerosas familias trasladáronlles o malestar pola falta de previsión e tardanza en anunciar os campamentos de verán por parte do Concello de Chantada, "Unhas queixas que se veñen repetindo desde 2021, cando se producira unha recollida de sinaturas moi numerosa na vila do Asma, ao respecto deste tema".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada-Interior Galego Vivo vén de solicitar acceso ao expediente de contratación da xestión do Campamento de Verán e do programa denominado Diverxuño, organizados polo Concello con subvencións da Xunta e do Estado. A formación política asegura que non existe tal expediente “por estar o proceso de contratación en trámite a quince días do remate do período lectivo e de inicio das actividades municipais orientadas a facilitar a conciliación das familias. É máis nada se di nin se sabe aínda da oferta municipal para agosto.”

Desde Por Chantada lamentan ter que queixarse unha vez máis “da improvisación na organización” desta actividade. “Sen traballo e planificación, por moito que se tire de chequeira, só saen trapalladas e, amais, outros concellos ofertan tamén atención polas tardes e xa anunciaron a súa oferta até o 10 de setembro”.

Sinalan desde Por Chantada que a empresa gañadora do concurso, “terá que contratar ao persoal que se fará cargo de centos de crianzas en cuestión de días, polo que a marxe de selección será case nula repetíndose eivas xa sinaladas noutras anualidades”. Lamentan a falta de cobertura de actividades en agosto e nas tardes de xullo.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...