HomeDeportesFin de semana de galas, trofeos e clausuras deportivas en Monforte

Fin de semana de galas, trofeos e clausuras deportivas en Monforte

Entregáronse as medallas da V Gala de Ximnasia Rítmica e os trofeos do V Torneo de Fútbol 8. Foi a clausura tamén da Liga de Veteranas de baloncesto en Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega o sábado pola mañá das medallas correspondentes á V Gala de Ximnasia Rítmica.

Esta gala foi organizada polo Club Rítmica Kendra, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse no remodelado Pavillón Polideportivo da Pinguela, que estaba ateigado de familiares e amigos das participantes. O encontro contou coa participación de arredor de 140 ximnastas, a maioría monfortinas, pero tamén doutras localidades da comarca de Lemos.

Este domingo a tenente de acalde de Monforte, Gloria Prada, fixo entrega dos trofeos correspondentes ó V Torneo de Fútbol 8, que foi organizado polo Club de Fútbol Monforte, en colaboración co Concello de Monforte, e celebrouse no campo municipal de fútbol Luis Bodegas.

Tamén o domingo, o alcalde de Monforte, acompañado polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e polo director comercial de Autocares Rías Baixas, José Zapico, facía entrega das medallas e trofreos correspondentes á xornada final da Liga de Veteranas de Baloncesto, que se celebrou no Pavillón polideportivo Municipal de A Pinguela, e reuníu ós mellores equipos de Galicia nesta categoría.

O evento foi organizado pola Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) e polo CB Val de Lemos.

Ademais do club monfortino, participaron os clubs Kempaperas de A Coruña, Estudiantes de Pontevedra, Golfiños de Sada, La Salle Santiago, Basquet Aurum de Ferrol, Dos Más Uno Alzai de Santiago, Perusiñas de Lugo, e Rodaballo de Vigo. O Alcalde entregou as medallas ós diferentes equipos participantes, así como ó club gañador do torneo que foi o Perusiñas de Lugo.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...