HomeMedio ambiente e PatrimonioO Incio programa para despois do verán, actividades formativas para coidadores de...

O Incio programa para despois do verán, actividades formativas para coidadores de enfermos de Alzheimer

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, e a concelleira Goretti Díaz mantiveron unha xuntanza de traballo co persoal de Afalu, Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demenencias de Lugo. Ao encontro asistiron, ademais da vicepresidente da Asociación, Iria Franco, unha das traballadoras sociais, Maitane Fernández, e o terapeuta ocupacional, Eduardo Díaz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local do Concello do Incio acordou con Afalu desenvolver actividades formativas na localidade a partir do mes de setembro, con carácter continuado. A formación vai estar dirixida a coidadores e coidadores de persoas en situación de dependencia e tamén se farán accións destinadas aos veciños e veciñas en xeral.

Desde a Asociación tamén se propuxo ofrecer cursos sobre o coidado no fogar ou o autocoidado a través da realización de obradoiros. O Concello do Incio estuda agora as necesidades que existen na localidade para fixar os lugares nos que se levarán a cabo estas actividades, así como as datas de celebración, que serán comunicadas á veciñanza para que poida beneficiarse o maior número de persoas.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, asegura que esta vía de colaboración con Afalu “é moi necesaria para axudar nos coidados das persoas dependentes e dos seus propios coidadores, polo que agardamos que as propostas que se fagan teñan moita demanda e sexan de axuda para os nosos veciños e veciñas”.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...