HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

Comeza a limpeza da lagoa do Parque dos Condes

É a décima limpeza que desenvolve o Executivo de José Tomé na Lagoa dos Condes, dende a súa chegada ao goberno municipal en 2015.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As brigadas municipais do Concello de Monforte iniciaron este martes, 25 de xuño, os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes. Nesta labor de limpeza contan co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L.

A limpeza da lagoa do Parque dos Condes foi un dos compromisos do rexedor local para manter en bo estado esta zona da cidade. “A chegada de visitantes, co inicio dos meses de verán e a ubicación privilexiada da Lagoa, no centro da cidade e integrada nun dos parques máis utilizados polos monfortinos e monfortinas, fai máis que necesaria a súa limpeza, que dende o Concello levamos a cabo ano a ano por estas datas”, indica Tomé.

O primeiro dos pasos para a limpeza da Lagoa do Parque dos Condes, consiste no baleirado da auga, baleirado que se levará a cabo utilizando unha máquina motobomba para extracción de líquidos. Posteriormente, procédese a extraer cunha máquina paleadora todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno.

Para desenvolver ditos traballos, emprégase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.

 “A lagoa é un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade. Co Parque dos Condes ao seu redor trátase dunha das zonas que atrae un maior número de visitantes e tamén é un dos lugares máis frecuentados polos veciños e veciñas para dar paseos”, destaca o Alcalde.

O mandatario municipal engade que “por iso, consideramos que a limpeza e o mantemento da lagoa é unha tarefa imprescindible para poder dar unha boa imaxe, para que os monfortinos e monfortinas desfruten da mesma, e que esta zona sexa unha das nosas mellores cartas de presentación”.

Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais procederán tamén a desbrozar o entorno da mesma, “todo isto para conseguir que esta zona da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”, indica o mandatario local.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...