HomePolíticaO PP insta á Deputación a aumentar o ancho da estrada LU-P-0901...

O PP insta á Deputación a aumentar o ancho da estrada LU-P-0901 que une Monforte e Bóveda

Esta estrada conta cunha elevada densidade de circulación xa que ademais de unir Monforte con Bóveda tamén é empregada por moitos veciños das parroquias da contorna e chega ata o Pazo de Tor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto aos concelleiros populares en Monforte, Katy Varela e José Luis Rodríguez, comprobaron ‘in situ’ como o ancho da estrada provincial LU-P-0901 non chega aos catro metros (3,70m) despois das obras de conservación realizadas nesta vía.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “pese a que o reasfaltado era moi necesario” non é menos certo que “urxe unha actuación integral nesta estrada, aumentando o ancho da vía xa que conta cunha anchura de 3,70 metros, o que fai imposible que se crucen dous vehículos”.

“O goberno provincial debería de realizar as obras cunha visión máis ampla” porque, “pese a que é moi importante renovar o asfalto naqueles puntos nos que está moi deteriorado, non é menos importante garantir un ancho de vía axeitado en aras a mellorar a seguridade viaria”, sinalou, xa que “é preciso permitir que pasen dous coches ao mesmo tempo”.

Dende o Grupo Popular explican que o habitual é que un vehículo teña aproximadamente 1,8 metros de ancho, o que certifica que dous vehículos teñen moi complicado cruzarse. “Pero que pasará cando coincidas dous tractores ou algún vehículo agrícola con algún dos camións que dá servizo ás explotacións e casas das parroquias?”, preguntan.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...