HomeSucesosDous feridos nunha saída de vía en Samos

Dous feridos nunha saída de vía en Samos

Circulaban co seu vehículo pola estrada LU-633, ao seu paso pola parroquia de Frollais.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este domingo tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que circulaban pola estrada LU-633, ao seu paso polo municipio lucense de Samos. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron ao fío das 04.00 horas. Foi un particular quen deu aviso á central de emerxencias para advertir deste sinistro no quilómetro 44 desta vía, en concreto, na parroquia de Frollais. Na súa comunicación, indicaba que as persoas estaban feridas e que non podían saír do interior do vehículo.

Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) mobilizaron ata o punto ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía. Xa no punto, os bombeiros tiveron que facer uso de material de excarceración para liberar aos dous feridos e que puidesen ser atendidos polos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...