HomeMovementos sociaisFesta-Encontro dos Náufragos do Paradiso en Monforte

Festa-Encontro dos Náufragos do Paradiso en Monforte

A Asociación Cultural Náufragos do Paradiso celebrou un encontro de confraternización con socios e amigos o pasado 29 de xuño. Despois da cea presentouse a curtametraxe documental pola décima edición do Festival do Paradiso e a continuación houbo un concerto da banda Doc Magoo's.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Preto dunhas 50 persoas participaron o pasado 29 de xuño da primeira edición deste encontro organizado polo colectivo Náufragos do Paradiso. O evento, que tivo lugar no Restaurante Bocalino de Monforte, consistiu nunha gustosa cea, na presentación dunha curta documental e nun concerto de Rock & Roll.

Ademais dunha boa representación de socios e persoas vinculadas ás actividades da asociación dende o ano 2011, o acto contou coa actuación da banda de rock monfortina Doc Magoo´s e dos responsables da produtora Némesis Audiovisual, autores estes últimos da curtametraxe documental 10 anos de Paradiso.

Momento da Festa-Encontro dos Náufragos do Paradiso. Foto: Némesis Audiovisual.
UNHA NOVA ETAPA CON ENCONTROS E NOVOS CAMIÑOS

Logo de que o pasado verán se despedise definitivamente o Festival do Paradiso, o núcleo responsable da organización quixo aproveitar o tempo que adoitaba ocuparlle á produción do festival por estas datas para celebrar unha festa-encontro. A mesma quixo servir de recoñecemento a socios e colaboradores por estes anos compartindo camiño.

Un dos recoñecementos tiña que ver co traballo audiovisual realizado por Némesis Audiovisual para inmortalizar o último festival (2023). A curtametraxe proxectada céntrase no testimonio directo dalgúns participantes vinculados á organización plasmando en imaxes o desenvolvemento desa última edición.

Este encontro, en palabras de Maro Carretero, “tamén serviu para saldar unha débeda cos nosos queridos e admirados Doc Magoo´s xa que nunca tiveran a oportunidade de actuar durante o festival por problemas de axenda”; e serviu así mesmo para intercambiar pareceres sobre o panorama cultural no Val de Lemos e as súas necesidades. “Actualmente, os Náufragos estamos inmersos nunha etapa de valoración e posta en marcha de novas actividades culturais e algunha que outra colaboración con organizacións da zona”, comentaban tamén dende o colectivo.

Doc Magoo’s en concerto. Foto: Némesis Audiovisual.

Respecto da curtametraxe documental, en vindeiros días estará dispoñible a través das súas redes sociais.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...