HomeMedio ambiente e PatrimonioA XX Feira Tradicional Outrora de Rubián celébrase este 14 de xullo...

A XX Feira Tradicional Outrora de Rubián celébrase este 14 de xullo con espazo para a final da Eurocopa

O Concello de Bóveda celebra o domingo día 14 a XX Feira Tradicional Outrora de Rubián. Instalarase unha pantalla de tv no espazo da festa para que os e as asistentes poidan seguir a final da Eurocopa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda celebra este domingo, 14 de xullo, a XX edición da Feira Tradicional Outrora de Rubián cun completo programa de actos ao longo de toda a xornada.

Este ano contarase con 35 postos expositores que estarán abertos desde as 10:00h. Pola coincidencia coa final da Eurocopa que xoga España instalarase unha pantalla de televisión no espazo de celebración da Feira Outrora para que as persoas interesadas poidan seguir tamén o partido e participar das actividades programadas ao longo da tarde.

A programación de Outrora desenvolverase coa seguinte axenda:

  • 10:15 h. dará comezo unha exhibición de escultura con motoserra.
  • 10:30 h. comezará o pasarrúas do Grupo de Gaitas Municipal de Bóveda.
  • 11:00 h. abrirán os obradoiro do Centro de Artesanía e Deseño da Fundación Artesanía de Galicia.
  • 11:30 h. haberá unha concentración de vehículos clásicos e dará comezo a Misa na capela do Ecce Homo.
  • 12:30 h. actuación de ‘Amigos da Pandeireta’ de Monforte.
  • Entre as 14:30 horas e as 16:00 horas poderase xantar nos postos dos polbeiros e nos postos instalados para a ocasión.
  • 16:00 h.haberá demostración participativas nos stands de Artesanía de Galicia e ás 17:00 horas darán comezo os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño.
  • 18:00 h. Festa da escuma, que dará paso ás 19:00 horas aos xogos tradicionais interxeracionais.
  • 19:30 h. Concerto da coral municipal de Bóveda na capela.
  • 20:00 h. Recreación etnográfica da malla.
  • 21:00 h. pecharán os expositores e media hora máis tarde comezará a actuación de ‘Xograres de Lemos’ (21:30 horas).
  • 21:00 horas celebrarase o tradicional Isco no guizo.
  • O peche da festa corre a cargo do DJ’Vizcaíno a partir das 23:00 horas.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...