HomeSucesosA 187 e 179 km/h por unha zona limitada a 90 en...

A 187 e 179 km/h por unha zona limitada a 90 en Bóveda

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria en Bóveda, onde conducían ao redor do dobre do límite de velocidade permitido.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores por supostos delitos contra a seguridade viaria en Bóveda, onde conducían ao redor do dobre do límite de velocidade permitido. O primeiro foi captado o pasado mes de abril circulando nun turismo a unha velocidade de 187 km/h, nun tramo en que a velocidade máxima permitida nese lugar é de 90 km/h. Apenas un mes despois rexistrouse un segundo caso no mesmo lugar, onde outro vehículo foi detectado a unha velocidade de 179 km/h.

Tras tomar coñecemento dos feitos iniciouse unha investigación que permitiu conseguir probas obxectivas para a identificación dos condutores de ambos os vehículos, no momento da detección dos citados excesos de velocidade, procedendo a ser informados dos dereitos que lle asisten en calidade de investigados, como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva. Nun comunicado explican ademais que xa se confeccionaron as oportunas dilixencias, entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...