HomesociedadeActo de homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, este 14...

Acto de homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira, este 14 de xullo en Celanova

Desde as asociacións memorialistas lévase desenvolvido este ano unha campaña de busca de familiares de Ramón Yáñez Pereira a través das redes sociais e publicacións en prensa, e solicitase a colaboración da veciñanza con calquera dato sobre a familia que se pode achegar a través do mail memoria.celanova@gmail.com

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Comité pola Memoria Histórica do Val do Límia homenaxearán ao guerrilleiro monfortino, Ramón Yáñez Pereira, sinalando o lugar onde foi asasinado en 1943 polas forzas franquistas de represión: a Caseta de Ansemil, no termo municipal de Celanova; e cunha conferencia do historiador, Carlos Morais, no Salón de Arcos da Casa do Concello de Celanova o domingo 14 de xullo ás 11,45 horas.

Os comités convidan a socias e veciñanza a participar da conferencia, na que Morais relatará a vida de Yáñez Pereira, emigrante en Barcelona antes da guerra, cadro comunista na clandestinidade e, finalmente, incorporado á guerrilla na zona do Laboreiro a principios dos anos corenta, que foi delatado en Celanova por un vello coñecido a quen lle veu pedir axuda para fuxir cara ao exilio, mais foi denunciado, emboscado e asasinado o 13 de xullo de 1943.

Caseta de Ansemil / Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova

Segundo a documentación que recuperou Morais, Yáñez Pereira foi soterrado no cemiterio de San Breixo en Celanova, e polo tanto o seu nome figura no memorial ás 88 vítimas da barbarie fascista que alí recibiron sepultura e que se instalará proximamente ao abeiro do Plan Estatal de Exhumacións coordinado pola Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela, con financiamento público, unha vez que se obteñan os permisos da Xunta e do Bispado de Ourense, en trámite.

Durrante o acto deste domingo estarán a disposición do público un lote de 30 carteis sobre o suceso da Caseta de Ansemil realizados polo artista celanovés, Baldomero Moreiras, que adicará os exemplares, cunha axuda de 3 euros por exemplar para financiamento do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.



ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...