HomesociedadeO III Fentos Fest de Bóveda incorpora unha Festa da Xuventude

O III Fentos Fest de Bóveda incorpora unha Festa da Xuventude

Será o domingo 21 de xullo na Praza da Filgueira, detrás do edificio da Casa Consistorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita, que naceu como un festival de música afeccionada da Ribeira Sacra hai agora tres anos, suma este ano como novidade unha “Festa da Xuventude”.

O Goberno local mantén o mesmo escenario para esta festa dos anos anteriores, pero incorpora algúns cambios. O formato da celebración mantense con actuacións que volven ser de tarde e a asistencia é gratuíta.

PROGRAMA

Ás 20:00 horas está programado un concerto da Banda de Música da Comarca de Sarria, e a partir das 22:00 horas vaise celebrar a Festa da Xuventude. Unha proposta dirixida aos mozos e mozas da vila e da Comarca, así como aqueles que se atopan na zona de vacacións, para que vivan unha noite de festa coa discoteca móbil ‘Hermo disco truck’.

Esta festa, que organiza o Concello de Bóveda, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do programa Tradigalu da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...